A Costa da Morte está preparada para a I Travesía de Kitesurf entre Langosteira e as Lobeiras. Así o comprobaron especialistas mundiais esta fin de semana, que disfrutaron do noso mar e do noso vento.
Na tarde do venres 3 de xuño do 2011, reuníronse na praia da Langosteira o carnotán Abel Lago, campeón do mundo na disciplina de Surfkite, Marcelino Parga, campeón galego de disciplina Race, Chema Ogando, subcampeón galego de Free Style e o resto de compoñentes do Clube de Kitesurf Fillos do Vento (Aguieira, Porto do Son), coa intención de evaluar as posibilidades que ofrece a zona de Fisterra e a Ría de Corcubión e Cee, de cara á próxima realización da I Travesía de Kitesurf na Costa da Morte, que se celebrará o vindeiro mes de agosto e que estará organizada pola empresa de servicios turísticos “Vive Fisterra” e pola empresa de turismo activo Atlantis Adventure, en colaboración con Buceo Finisterre.
Nesta fantástica tarde, cun nordés de 25 nós, os membros do clube de Kitesurf Fillos do Vento, xunto co seu socio número un, Abel Lago, realizaron unha travesía de proba entre Langosteira e o Cabo da Nasa, para evaluar a validez da ría, de cara á realización do devandito evento. No mesmo, contarase coa participación de figuras de recoñecemento internacional como Gisela Pulido, campeona do mundo de Free Style, Elena Antón, vixente campeona de España de Free Style e o carnotán Abel Lago, campeón de España na disciplina de Olas e Race.
Trala realización da travesía, os Fillos do Vento valoraron moi positivamente o noso mar para a celebración da I Travesía de Kitesurf na Costa da Morte. Esta, contará cun cupo máximo de 40 participantes. Moitos deles, que acudirán dende distintos puntos da península, xa confirmaron a súa asistencia.
























Es un barranco de gran atractivo natural y de gran belleza con frondosa vegetación, donde se aprecia esa paz entorno a la
Luego vendran otras empresas desde otros puntos de Santiago de Compostela, Noia, A Coruña etc ..invadiendo nuestra inovación en vez de innovar y conocer los recursos de sus maravillosas zonas. Así pasó con el Barranco del Ezaro. Atlantis Adventure preparo el descenso trabajando desde el año 2003 y desde el año 2009 aproximadamente venían otras supuestas empresas a realizar el descenso, EL MONTE ES DE TODOS, pero si es cierto que si se trabaja sin responsabilidad todos pagamos el precio, de hecho nos hemos encontrado cuerdas partidas, nos han llamado para rescatar a sus clientes y la sorpresa es que cuando llegamos al final, resulta que la gente de esa empresa habían desaparecido dejandonos con sus clientes rescatados....